viernes, 22 de enero de 2010

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz (DENIP). Este día foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Básico Llorenç Vidal para conmemorar a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta o 30 de xanerio de 1948.
Este día é unha xornada de pacificación co fin de levar aos educandos polos medios de reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia a a Paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.

Se queres saber máis cliquea nos seguintes enlaces:

http://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home/paz

http://www.guiainfantil.com/educacion/temasespeciales/paz/porlapaz.htm



LeCTuRaS ReCoMeNDaDaS:



"Los valores de los pequeños. Actitudes para la convivencia"
ISBN: 978-9974-7959-8-3. Editorial Clasa.

O Trasno Desafío convídavos a disfrutar deste divertido libro e a construir xunto aos vosos pais e mestres un mundo mellor.





"Ratones, Dragones y Seres Humanos Auténticos"
Autores: E. Manuel García Pérez e Ángela Magaz Lago
Gurpo ALBOR-COHS. División Editorial

Coa lectura deste libro descubriredes cómo chegar a ser auténticos seres humanos e persoas felices.




miércoles, 20 de enero de 2010

Inauguarmos Blog de Orientación

Presentamos hoxe o Blog de Orientación que desexamos sexa de axuda para todos nos.