miércoles, 15 de diciembre de 2010

NADAL E XOGUETES

CARACTERÍSTICAS QUE DEBEN CUMPRIR OS XOGUETES

Dado que estamos no nadal, época na que os xoguetes teñen moito protagonismo aquí van unha serie de “recomendacións” para que os nosos nenos e nenas pidan agasallos con sentidiño.

· Deben ser sinxelos e facilmente manipulables. Evitar os xoguetes que teñan pilas.

· Deben ser seguros.

· Os xoguetes deben adaptarse á idade e capacidade do neno, non deben ser nin demasiado complicados nin demasiado sinxelos. Non anticipemos experiencias de xogo porque impide que o neno/a aproveite ao máximo as súas aportacións.

· É importante que lle gusten ao neno ou nena.

· Debemos ter especial coidado en non discriminar por razón de sexo (evitar o de “xogos de nenos e xogos de nenas”).


PAUTAS A TER EN CONTA

· É importante que os nenos e nenas dispoñan de variedade no tipo de xoguetes, así pode disfrutar de experiencias diversas de xogo que estimulan o seu desenvolvemento dende diferentes puntos de vista.

  • Hai que garantirlle un tempo para xogar. Tamén é importante que xoguemos con eles.
  • Debemos ensinarlle aos nenos e nenas a utilizar os xoguetes.
  • Xogar con outros nenos e nenas favorece o seu desenvolvemento e socialización.
  • Aprender a crear os seus propios xoguetes potencia a creatividade.
  • Os xoguetes que banalizan a violencia deben suprimirse. Evitando estes xoguetes contribuiremos a que os nenos/as non vexan como algo natural a violencia na sociedade.
  • Non debemos saturar aos nenos e nenas con xoguetes nin intentar suplir o afecto como pais con eles. A excesiva cantidade de xoguetes provoca actitudes de aburrimento ou menosprezo polos mesmos e, a miúdo, desorde e falta de interese por conservalos.
  • Hai que mirar ben o envase e o etiquetado á hora de comprar, fixándonos nas advertencias relacionadas coa seguridade ou as condicións de uso.

XOGUETES PARA NENOS E NENAS DE 3 A 5 ANOS

Xoguetes para o xogo simbólico: xogos de imitación como cociñas, vehículos, carpinteiros, tendas, médicos, etc. que permiten inventar, imaxinar ou reproducir situacións da vida cotiá. Desenvolven a sociabilidade e a afectividade: Cociniñas, disfraces, lotos de fotografías, bonecas,....

  • Xoguetes para o xogo físico: desenvolven a precisión e a coordinación dos movementos: pelotas, xoguetes de auga, motos,...
  • Xoguetes manipulativos: permiten ao neno/a inventar, imaxinar, así como o movemento cada vez máis preciso dos dedos: Bloques para construccións, Elementos para facer colares, pulseiras,.... ; maletíns de manualidades, instrumentos musicais,...
  • Xoguetes para os xogos de regras: pelotas, dianas, xogos de mesa, dominós infantís, bingos de cores,...
  • Xoguetes educativos: desenvolven as capacidades de reflexión, memorización, establecemento de relacións lóxicas, etc.: crebacabezas, regretas, bloques lóxicos, contos, diccionarios de imaxes,...

XOGUETES PARA OS NENOS DE 6-8 ANOS

  • Xogos de regras:
    • Xogos de mesa: dominó, damas, oca, etc.
    • Quen é quen
    • Xogos de cartas
    • Xogos de letras Balóns
    • Bicicleta
    • Disco voador
    • Raquetas
  • Patíns Xogos manipulativos: permiten ao neno/a inventar, imaxinar, así como o movemento cada vez máis preciso dos dedos.
    • Caixa de ferramentas
    • Instrumentos musicais
    • Maletíns de pintura
    • Xogos de costura
  • Xogo simbólico: xogos de imitación como cociñas, vehículos, carpinteiros, tendas, médicos, etc. que permiten inventar, imaxinar ou reproducir situacións da vida cotiá. Desenvolven a sociabilidade e a afectividade.
    • Lotos de transportes e animais
    • Bonecos e bonecas
    • Xogos de médicos, gasolineira, mercado, etc.
  • Xoguetes educativos: desenvolven as capacidades de reflexión, memorización, establecemento de relacións lóxicas, etc.

o Libros

o Prismáticos

o Xogos de experimentos

o Crebacabezas máis complexos

    • Pasatempos sinxelos: sopas de letras, sudokus.
  • Xogos físicos: desenvolven a precisión e a coordinación motora.