CARACTERÍSTICAS QUE DEBEN CUMPRIR OS XOGUETES
Dado que estamos no nadal, época na que os xoguetes teñen moito protagonismo aquí van unha serie de “recomendacións” para que os nosos nenos e nenas pidan agasallos con sentidiño.
· Deben ser sinxelos e facilmente manipulables. Evitar os xoguetes que teñan pilas.
· Deben ser seguros.
· Os xoguetes deben adaptarse á idade e capacidade do neno, non deben ser nin demasiado complicados nin demasiado sinxelos. Non anticipemos experiencias de xogo porque impide que o neno/a aproveite ao máximo as súas aportacións.
· É importante que lle gusten ao neno ou nena.
· Debemos ter especial coidado en non discriminar por razón de sexo (evitar o de “xogos de nenos e xogos de nenas”).
PAUTAS A TER EN CONTA
· É importante que os nenos e nenas dispoñan de variedade no tipo de xoguetes, así pode disfrutar de experiencias diversas de xogo que estimulan o seu desenvolvemento dende diferentes puntos de vista.
- Hai que garantirlle un tempo para xogar. Tamén é importante que xoguemos con eles.
- Debemos ensinarlle aos nenos e nenas a utilizar os xoguetes.
- Xogar con outros nenos e nenas favorece o seu desenvolvemento e socialización.
- Aprender a crear os seus propios xoguetes potencia a creatividade.
- Os xoguetes que banalizan a violencia deben suprimirse. Evitando estes xoguetes contribuiremos a que os nenos/as non vexan como algo natural a violencia na sociedade.
- Non debemos saturar aos nenos e nenas con xoguetes nin intentar suplir o afecto como pais con eles. A excesiva cantidade de xoguetes provoca actitudes de aburrimento ou menosprezo polos mesmos e, a miúdo, desorde e falta de interese por conservalos.
- Hai que mirar ben o envase e o etiquetado á hora de comprar, fixándonos nas advertencias relacionadas coa seguridade ou as condicións de uso.
XOGUETES PARA NENOS E NENAS DE 3 A 5 ANOS
Xoguetes para o xogo simbólico: xogos de imitación como cociñas, vehículos, carpinteiros, tendas, médicos, etc. que permiten inventar, imaxinar ou reproducir situacións da vida cotiá. Desenvolven a sociabilidade e a afectividade: Cociniñas, disfraces, lotos de fotografías, bonecas,....
- Xoguetes para o xogo físico: desenvolven a precisión e a coordinación dos movementos: pelotas, xoguetes de auga, motos,...
- Xoguetes manipulativos: permiten ao neno/a inventar, imaxinar, así como o movemento cada vez máis preciso dos dedos: Bloques para construccións, Elementos para facer colares, pulseiras,.... ; maletíns de manualidades, instrumentos musicais,...
- Xoguetes para os xogos de regras: pelotas, dianas, xogos de mesa, dominós infantís, bingos de cores,...
- Xoguetes educativos: desenvolven as capacidades de reflexión, memorización, establecemento de relacións lóxicas, etc.: crebacabezas, regretas, bloques lóxicos, contos, diccionarios de imaxes,...
XOGUETES PARA OS NENOS DE 6-8 ANOS
- Xogos de regras:
- Xogos de mesa: dominó, damas, oca, etc.
- Quen é quen
- Xogos de cartas
- Xogos de letras Balóns
- Bicicleta
- Disco voador
- Raquetas
- Patíns Xogos manipulativos: permiten ao neno/a inventar, imaxinar, así como o movemento cada vez máis preciso dos dedos.
- Caixa de ferramentas
- Instrumentos musicais
- Maletíns de pintura
- Xogos de costura
- Xogo simbólico: xogos de imitación como cociñas, vehículos, carpinteiros, tendas, médicos, etc. que permiten inventar, imaxinar ou reproducir situacións da vida cotiá. Desenvolven a sociabilidade e a afectividade.
- Lotos de transportes e animais
- Bonecos e bonecas
- Xogos de médicos, gasolineira, mercado, etc.
- Xoguetes educativos: desenvolven as capacidades de reflexión, memorización, establecemento de relacións lóxicas, etc.
o Libros
o Prismáticos
o Xogos de experimentos
o Crebacabezas máis complexos
- Pasatempos sinxelos: sopas de letras, sudokus.
- Xogos físicos: desenvolven a precisión e a coordinación motora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario